A grande guerra
A Grande Guerra Irmandiña tivo lugar nos anos 1467-1469. Os preparativos para a formación dunha Irmandade Xeral comezaron anos antes por parte de Alonso de Lanzós e co apoio de varios concellos (A Coruña, Betanzos, Ferrol, Lugo) que actuaron de motores iniciais do movemento. Neste caso, a revolta irmandiña foi unha auténtica guerra civil pola participación social que chegou a provocar. Anos de malas colleitas e pestes provocaron a revolta popular. Segundo os testemuños do preito Tavera-Fonseca, os irmandiños serían arredor de 80.000. Na organización e desenvolvemento da guerra irmandiña participaron varios grupos sociais: campesiños, xentes das cidades, baixa nobreza e fidalguía e algúns membros do clero, como cóengos composteláns que apoiaron economicamente o movemento irmandiño. Os xefes do movemento pertencían á baixa nobreza.

fontes:
- Historia de galicia; Villares, R., ed. Galaxia, Vigo 2002

No comments: