Causas da revolución.1467
No pleito Tabera-Fonseca atopamos multiples testemuños nos que se denuncia as tropelias perpetradas polos cabaleiros e tamén polos prelados.

"Os señores prelados e cabaleiros do dito reino (...) lles facían moitos agravios e danos e males nas súas persoas e nos seus bens, roubándolles os seus bois e bestas e lles forzaban as súas mulleres e fillas e moitos dos ditos danos facíanse así das xentes que tiñan nas súas casas como nas súas fortalezas"
(Pleito Tabera-Fonseca. Fol. 1104 v)
Fontes:
-"Os irmandiños. textos, documentos e bibliografía"; López Carreira, A., Ed. A Nosa Terra, Vigo, 1992.
A grande guerra
A Grande Guerra Irmandiña tivo lugar nos anos 1467-1469. Os preparativos para a formación dunha Irmandade Xeral comezaron anos antes por parte de Alonso de Lanzós e co apoio de varios concellos (A Coruña, Betanzos, Ferrol, Lugo) que actuaron de motores iniciais do movemento. Neste caso, a revolta irmandiña foi unha auténtica guerra civil pola participación social que chegou a provocar. Anos de malas colleitas e pestes provocaron a revolta popular. Segundo os testemuños do preito Tavera-Fonseca, os irmandiños serían arredor de 80.000. Na organización e desenvolvemento da guerra irmandiña participaron varios grupos sociais: campesiños, xentes das cidades, baixa nobreza e fidalguía e algúns membros do clero, como cóengos composteláns que apoiaron economicamente o movemento irmandiño. Os xefes do movemento pertencían á baixa nobreza.

fontes:
- Historia de galicia; Villares, R., ed. Galaxia, Vigo 2002
Os irmandiños
Na Galiza medieval , os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores.
No século XIV entrou en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira despois das loitas de Pedro I (o cruel) e Henrique II . Eran os Osorio en Lemos e Sarria, os Andrade en Pontedeume, os Sarmiento, os Ulloas, os Sotomaior ... ). Loitaban contra as institucións e despoxábannas violentamente das riquezas que lles pertencían. A época conflitiva en Galicia foi no século XV. Dos constantes conflitos sociais salientan as "Guerras Irmandiñas" que foron dúas: a primeira denomínase "Irmandade Fusquenlla", e a segunda, "Grande guerra Irmandiña".
Fontes:
-Historia de galicia;Villares R,Ed. Galaxia 2002,Vigo
-Wikipedia