Enrique IV e as irmandades

O aliñamento dunha parte da nobreza laica galega no bando de Pedro I "o cruel" puido motivar o apoio do monarca Enrique IV á destrucción dos castelos destos nobres enemigos dos Trastamara.

"E que se ergueran por mandato do dito rei don Enrique e que lles dera provisións para elo, das cales o testigo dí que viu os traslados das ditas provisións do dito rei don Enrique, en que se dicía que el lles agradecía etiña en servicio a Irmandade que habían e que a seguisen de alí adiante"
(Pleito, fol.1277 v-1266)



Fontes:

-Os irmandiños;Textos, documentos e bibliografía. Lopez Carreira A. Ed. A nosa terra. Vigo, 1992
Causas da revolución.1467
No pleito Tabera-Fonseca atopamos multiples testemuños nos que se denuncia as tropelias perpetradas polos cabaleiros e tamén polos prelados.

"Os señores prelados e cabaleiros do dito reino (...) lles facían moitos agravios e danos e males nas súas persoas e nos seus bens, roubándolles os seus bois e bestas e lles forzaban as súas mulleres e fillas e moitos dos ditos danos facíanse así das xentes que tiñan nas súas casas como nas súas fortalezas"
(Pleito Tabera-Fonseca. Fol. 1104 v)
Fontes:
-"Os irmandiños. textos, documentos e bibliografía"; López Carreira, A., Ed. A Nosa Terra, Vigo, 1992.
A grande guerra
A Grande Guerra Irmandiña tivo lugar nos anos 1467-1469. Os preparativos para a formación dunha Irmandade Xeral comezaron anos antes por parte de Alonso de Lanzós e co apoio de varios concellos (A Coruña, Betanzos, Ferrol, Lugo) que actuaron de motores iniciais do movemento. Neste caso, a revolta irmandiña foi unha auténtica guerra civil pola participación social que chegou a provocar. Anos de malas colleitas e pestes provocaron a revolta popular. Segundo os testemuños do preito Tavera-Fonseca, os irmandiños serían arredor de 80.000. Na organización e desenvolvemento da guerra irmandiña participaron varios grupos sociais: campesiños, xentes das cidades, baixa nobreza e fidalguía e algúns membros do clero, como cóengos composteláns que apoiaron economicamente o movemento irmandiño. Os xefes do movemento pertencían á baixa nobreza.

fontes:
- Historia de galicia; Villares, R., ed. Galaxia, Vigo 2002
Os irmandiños
Na Galiza medieval , os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores.
No século XIV entrou en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira despois das loitas de Pedro I (o cruel) e Henrique II . Eran os Osorio en Lemos e Sarria, os Andrade en Pontedeume, os Sarmiento, os Ulloas, os Sotomaior ... ). Loitaban contra as institucións e despoxábannas violentamente das riquezas que lles pertencían. A época conflitiva en Galicia foi no século XV. Dos constantes conflitos sociais salientan as "Guerras Irmandiñas" que foron dúas: a primeira denomínase "Irmandade Fusquenlla", e a segunda, "Grande guerra Irmandiña".
Fontes:
-Historia de galicia;Villares R,Ed. Galaxia 2002,Vigo
-Wikipedia
Os malfeitores
O auxe do movemento irmandiño foi posible pola existencia do que o mellor estudoso do período Carlos Barros chama mentalidade xusticeira e antiseñorial da sociedade galega baixomedieval, que rexeitaba as inxustizas cometidas polos señores, considerados popularmente como un "malfeitores". Os inimigos dos irmandiños foron fundamentalmente nobres laicos, donos de castelos e fortalezas, encomendeiros das principais igrexas e mosteiros. Os irmandiños destruíron arredor de 130 castelos e fortalezas nos dous anos de guerra irmandiña.
As liñaxes dos Lemos, Andrade e Moscoso foron o branco preferido dos irmandiños. . Nun primeiro momento parte da nobreza obxecto da ira irmandiña fuxiu cara Portugal ou Castela. En 1469, Pedro Madruga .
inicia dende Portugal o contraataque feudal, contando ce Pedro Madruga empregaron modernos arcabuces, venceron aos irmandiños, prenderon e mataron aos seus líderes. A vitoria das tropas de Pedro Madruga produciuse por contar co apoio dos monarcas de Castela e Portugal e polas divisións das forzas irmandiñas.Mais cedo a nobreza vitoriosa viuse envolta de novo en liortas dinásticas que prepararon o seu definitivo desarraigo do territorio galego. castelo de Soutomaior
.

Irmandade fusquenlla


A Irmandade Fusquenlla formouse no ano 1431 nas terras do señor de Andrade, pola extrema dureza coa que Nuño Freire de Andrade, o Mao, trataba aos seus vasalos. A revolta iniciouse nas comarcas de Pontedeume e Betanzos e chegou a espallarse polos bispados de Lugo e Mondoñedo e a destruír algunha fortaleza nobiliar, como o castelo dos Andrade na vila de Betanzos. As disensións internas fixeron que a revolta fracasase ante as tropas dos Andrade, o rei de Castela e o arcebispo de Santiago. Roi Xordo, un fidalgo da Coruña, dirixiu as tropas da Irmandade Fusquenlla e morreu na represión posterior á desfeita irmandiña.